Rodéate dunhas paisaxes máxicas para gozar da Natureza

A Mariña ten gran variedade de espazos naturais protexidos: costa, montañas, vales, ríos e paraxes naturais en bo estado de conservación e dunha riqueza extraordinaria, como as Reservas da Biosfera do río Eo (Ribadeo, Trabada e A Pontenova) e Terras do Miño (Mondoñedo, Ourol e O Valadouro), que converten este territorio en máxico por natureza.

Unha combinación de espazos de interese natural única na península Ibérica: desde os arcos rochosos da costa ou as covas do Rei Cintolo (Mondoñedo), pasando polos estuarios e marismas das rías, polos bosques e fragas dos vales fluviais, como a contorna do Río Sor (Ourol), as turbeiras da Serra do Xistral…

Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) Red Natura 2000
• As Catedrais
• Carballido
• Costa da Mariña Occidental
• Monte Maior
• Ría de Foz-Masma
• Río Eo
• Río Landro
• Río Ouro
• Serra do Xistral

Monumentos Naturais
• Praia das Catedrais
• Souto da Retorta

Reservas da Biosfera
• Río Eo, Oscos e Terras de Burón
• Terras do Miño

Outros espazos naturais
• Cova do Rei Cintolo

Zonas Húmidas RAMSAR
• Ría do Eo

Zona especial protección de aves (ZEPA)
• Costa A Mariña Occidental
• Ría de Foz
• Ribadeo